Bombeiros do Morrazo e Protección Civil acaban de sufocar un incendio na zona alta da praia de Arneles, cerca de Loureiros, na zona de Pinténs. Declarouse a poucos metros de varios casas utilizadas coma segundas residencias. Segundo fontes de Protección Civil, os propios veciños axudaron a sufocalo con mangueiras dende as súas vivendas. Quemáronse en torno a 500 metros cadrados de arbusto. Grazas á rápida actuación quedou controlado e agora atópanse arrefriando a parcela afectada. Polo momento descoñécese o seu orixe.