A concelleira Loli Hermelo ocupará o número 2 da candidatura
Hoxe foi un día de anuncios no Partido Popular de Cangas. O seu candidato José Enrique Sotelo, acompañado de integrantes do seu grupo municipal, fixo público a integración de José Luis Gestido (Cangas Decide) na candidatura do PP. O líder popular agradeceu tanto a Gestido como aos seus colaboradores o sumarse ao proxecto a vez que destacou que esta se produce froito do diálogo entre as partes e sen exisir condicións previas. “Deste xeito reforzamos a candidatura, configurando un equipo forte, traballador e con experiencia co que obter a confianza da veciñanza para poñer fin ao desastre dos últimos anos”.
Sotelo sinalou que xa teñen a elaboración do programa electoral moi avanzado, “non se trata só de denunciar a nefasta xes9ón do goberniño de tres concelleiros actual senón que tamén de plantexar solucións aos problemas”. Tamén avanzou máis novidades na candidatura que será presentada públicamente en Semana Santa na que a metade dos integrantes entre os 10 primeiros postos serán xente nova buscando un equilibrio entre experiencia e renovación. “O próximo 28-M só habera dúas opcións, a que representamos ou a unión do resto de forzas. Porque teñan por seguro que pese aos insultos e disputas se volverán a unir con tal de que o PP non goberne” reflexionou.
Gestido, que ocupará un posto de saída, agradeceu ao PP que contara con él nesta nova etapa así como o esforzo mostrado para chegar a un acordo. “Trátase dunha forma nova de facer política en Cangas na que pactamos antes e non despois das eleccións poñendo a Cangas como única prioridade. Facer o contrario sería un engano” declarou a vez que sinalou que “Cangas nestes momentos precisa de xente con experiencia capaz de sacar ao concello da situación de caos actual”. reflexionou.
Pola súa banda a número dous, Loli Hermelo, recalcou os perfís variados que se dan na candidatura “unidos todos por un obxec9vo común que é Cangas”. “O proxecto que encabezamos é fiable, no que cada un aporta o mellor de sí”. “Todos estamos onde queremos estar e as novas incorporacións son meditadas e boas para Cangas” reflexionou.
Resposta a Abalo
Sotelo aproveitou o anuncio para responder públicamente ao concelleiro de Facenda, Mariano Abalo. “Pese ao que digan algúns, Cangas é e será dos cangueses e canguesas”. “As súas manifestacións son un burdo intento de tapar a falta de xes9ón e incompetencia do goberniño de tres concelleiros do que forma parte responsable de levar a Cangas a paralise total” rematou.