Estado no que se atopa o Camiño do Souto.

O Concello de Cangas tramitou a través da Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural, Agader, unha subvención de 48.314 euros para dotar dunha nova capa de rodadura o camiño do Souto, na parroquia de Darbo, con cargo ao plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024.

O Concello concurre a esta convocatoria de subvencións cunha actuación que busca solventar os problemas de acceso, paso e seguridade detectados no vial municipal mediante obras de reforzo do firme e limpeza e perfilado de noiros e cunetas, que minimicen os efectos das acumulacións de augas que se producen cando chove. O proxecto presentado contempla a pavimentación de 526 metros lineais de vial diferenciados en tres tramos nos que ademáis das tarefas descritas se realizarán sumidoiros e canles de desaugue, así como pasos salva foxos e cunetas triangulares.

O pavimento actual do Camiño do Souto presenta un elevado grado de desgaste pola que a actuación consistirá na limpeza do mesmo con medios mecánicos; a execución da nova capa con aglomerado en quente e a sinalización de toda a pista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *