Inauguración do curso polos concelleiros.

A concelleira Beatriz Rodríguez e o edil Manuel Santos inauguraron este novo curso

A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero é un dos eixos nos que se apuntala a sétima edición do programa Galegas Dixitais, que arrancou hoxe na Aula CeMit. Ata alí se achegaron os concelleiros Beatriz Rodríguez e Manuel Santos, en compañía do axente de desenvolvemento local, Alfredo Montero.

A concelleira desexou ás mulleres participantes “que esta formación sexa unha oportunidade para poder coller ferramentas que vos permitan adaptarnos a un mundo cada vez máis dixitalizado”.

Esta é xa a séptima edición que se celebra en Marín, o que supón unha formación a cerca de 180 mulleres na totalidade do programa e que a día de hoxe “é fundamental tanto para a súa vida persoal como para un futuro profesional, dentro dun mercado no que as novas tecnoloxías forman parte indispensable”.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

Coa realización completa da formación, as participantes recibirán un título oficial acreditativo, emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. Ademais, as alumnas serán obsequiadas cun ordenador portátil, que xa será foi entregado hoxe ao inicio da formación para que o utilicen na mesma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *