Momento no que os servizos de emerxencias atenden á ferida.

Unha moza de 24 anos e veciña de Vigo resultou ferida nunha perna tras perder o control da moto que conducía na coñecida como curva de Pitis, en Bueu. Ocorreu na tarde de onte e o accidente provocou unha importante retención no vial.

Ata o lugar achegáronse efectivos da Policía Local e da Garda Civil, ademais dunha ambulancia do 061 que trasladou á ferida ata un hospital.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *