Organizadores das festas na presentación do cartel de actividades.

Audiovisual, xogos tradicionais e inchables, magosto, obradoiro de debuxo e patrimonio, teatro e música constitúen as apostas do Concello por unhas festas sostibles

O Concello de Bueu pecha o seu programa de festas populares coa celebración do San Martiño que, seguindo a dinámica do proxecto das Freguifestas que se levou a cabo nas parroquias, contará cunha programación pensada para todos os públicos desde o 11 ata o 14 de novembro. Audiovisual, xogos tradicionais para toda a familia, magosto, obradoiro de debuxo e patrimonio, teatro e música constitúen a aposta da concellería de cultura por unhas festas sostibles, que se celebrarán nunha carpa situada en As Lagoas.

Xosé Leal, concelleiro de cultura, salientou na rolda de prensa celebrada este sábado que “despois dun ano complexo debido á Covid-19, dende o Concello de Bueu queremos demostrar que a cultura segue sendo máis prioritaria e necesaria ca nunca”. O programa está organizado polo Concello de Bueu, coa colaboración da Xunta de Galicia, do Galp Ría de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra, a Asociación Bueu en Festas, as ANPAS de Bueu, Beluso e Cela e a Asociación Cultural Santos Reis.

Os eventos arrancarán o xoves, coincidindo coa festividade do San Martiño, con xogos tradicionais a partir das 11 horas. Xa pola tarde, ás 17 horas programarase o espectáculo “A casa do terror” de Xoan Curiel, un musical ateigado de rock e terror no que se ensamblan cancións, danzas, teatro, clown e no que tamén participa o público. Xa pola noite, ás 20 horas, a verbena estará amenizada por Los Players.

O venres pola tarde, entre as 17 e as 19 horas, a carpa das Lagoas acollerá xogos tradicionais e inchables, mentres que o grupo local Distrito 7 serán os encargados de amenizar a festa da noite.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *