Coa chegada da primaveira, Fecimo pon en funcionamento unha nova campaña de dinamización das compras entre as empresas de Comercio do Morrazo asociadas, na que se sortearán 1.800 euros en compras gratis. A campaña de primavera representa o fin do inverno e a chegada da cor e a alegría aos escaparates, entre outras cousas, coa renovación das coleccións, tendencias e produtos da nova tempada Primavera-Verán.

Coa finalidade de premiar a confianza das persoas consumidoras no comercio local e fortalecer esta relación cliente-empresa local, preséntase esta campaña mediante o sorteo de compras gratis. Deste xeito, agárdase que a oportunidade de que as compras saian gratis, consumindo no comercio local, incentive a participación por parte da clientela da vila e decante a balanza cara o comercio local nos procesos de decisión dos consumidores da contorna.

Como funciona a Campaña?

A campaña, que abarcará as datas do 21 de marzo ao 30 de abril do 2023, levarase a cabo a través da páxina www.comerciodomorrazo.com, onde as persoas consumidoras do comercio local asociado de Bueu, Cangas e Moaña poderán rexistrar os seus tickets de compras para que, con sorte, resulte nunha compra gratis.

Instruccións para o cliente:

1_ Realizar unha compra ou servizo entre o 21 de marzo e 30 de abril nunha das empresas asociadas de Bueu, Cangas ou Moaña, dun importe mínimo de 10€.

2_ Entrar na páxina www.comerciodomorrazo.com e pinchar no banner da campaña para rexistrar o ticket da compra realizada, na que debe indicar a empresa onde realizou a compra, o importe da mesma e o número do ticket existrado.

3_ Gardar o ticket rexistrado, xa que, de resultar premiado, será notificado por parte de FECIMO e solicitado dito ticket de compra para a súa validación. (De non enviarnos o ticket de compra, non cumplirá os requisitos que marcan as bases para recibir o premio.)

4_ De resultar premiado o seu ticket rexistrado, e unha vez validado dito documento por FECIMO, a empresa onde realizou a compra fará entrega ao cliente dunha TARXETA REGALO cargada co importe de dito ticket (importe máximo de 200€ por ticket) para volver a ser consumida nos establecementos asociados.

A Federación, para garantir un maior número de tickets premiados, estableceu un límite de bonificación de 200€ por ticket premiado, polo que aínda que o valor da compra fose superior, o cliente recibirá unha tarxeta regalo con 200 euros.

Esta campaña, organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, e cofinanciada pola Xunta de Galicia, axudará á dinamización da actividade do noso tecido comercial da comarca do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *