Desde a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO – anúnciase a continuación da campaña de promoción do sistema de Loxística de Envíos do Comercio do Morrazo no mes de xuño, que xa se puxera en marcha a principios do mes de marzo.

Deste xeito, e tralo éxito da campaña de “Somos o teu comercio”, que remata hoxe, e que repartirá 3.000 euros en premios aportados por Fecimo e moitos agasallos incluídos por parte de varios establecementos comerciais do Morrazo, en xuño novamente Fecimo continuará a bonificar os envíos dos establecementos que aínda non se beneficiaron e que permitirán os clientes recibir os seus produtos onde o precisen de xeito gratuíto.

A campaña combinada co emprego do Marketplace do morrazo www.compranomorrazo.com ven de dar un impulso nas vendas electrónicas do comercio de proximidade que pouco a pouco vaise sumando a este proxecto e que cada día vai incluíndo unha maior oferta de produtos para os internautas.

Deste xeito, con este iniciativa, Fecimo continua beneficiando a dinamización do consumo tradicional e sobre todo esta nova orma de consumo dixital. Como xa é habitual a suma de premios e campañas bonificadas, como estas, buscan facer unha chamada para que os consumidores locais continúen animados no consumo local protexendo e activando as economías circulares que permiten a moitas familias e veciños seguir ofrecendo os seus produtos ou servizos nas nosas vilas aportándolles vida e valor as mesmas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *