Segundo informou a Xunta, un total de 26 locais de hostalería dos municipios de Moaña e Cangas recibiron axudas da Xunta destinadas ao acondicionamento das terrazas e a impulsar a venda a domicilio. Concretamente, 11 están situados en Moaña por valor de 68.068,76 euros e 16 en Cangas por 101.538,67 euros.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en preto de 1,4 millóns de euros (202 establecementos) as axudas resoltas na área de Vigo para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.
Así o informou a delegada nunha visita á cafetería Punto e Coma no barrio vigués de Navia, un dos establecementos beneficiarios desta orde de axudas pola cal o Goberno galego busca dar a máxima seguridade ao sector da hostalería no desenvolvemento da súa actividade, no marco das medidas de protección da saúde ante a covid-19.