O alcalde, César Poza, convida a toda a veciñanza a visitar un conxunto escultórico que simboliza a unión e a solidaridade de todas as parroquias
O contorno da Aula da Natureza das Salinas converteuse hoxe nun lugar de unión e solidaridade das parroquias de Vilaboa coa instalación dun conxunto escultórico deseñado pola comunidade educativa do CRA e no que participaron as familias dos 94 escolares que cursan os seus primeiros estudos de Educación Infantil nas cinco escolas do municipio.
O acto de colocación da Flor da Paz, inspirada na creación de Philip Staton para o castelo de Monjuic en Barcelona, contou coa participación do alcalde de Vilaboa, César Poza, que animou aos escolares a conservar sempre os desexos de paz, de consenso, de igualdade e de respeto para construir un mundo máis igualitario e máis xusto.
A iniciativa que hoxe culminou nas Salinas coa instalación da estrutura metálica, construída en aceiro por Manufacturas Vilaboa, arrancou con motivo da conmemoración do Día Internacional da Non Violencia e da Paz. O CRA de Vilaboa contou nas súas aulas coa presenxa de Anxo Moure, que adaptou para o alumnado a lectura de “Salgadiña, a estrela de Vilaboa”, un conto que narra as peripecias dunha estrela encargada de preservar a paz e frear as guerras a base de sementar palabras.
Adrián Sotelo, coordinador de ciclo e tamén da biblioteca do CRA de Vilaboa, xunto ao resto do equipo directivo, plantexou entón darlle continuidade á iniciativa inspirandose na obra de Monjuic. “E mandamos á casa de cada alumnos tantos cantos rodados como membros había en cada unidade familiar”, explica. Os rapaces e rapazas, que xa pintaran as pedras coa cor co que máis identificaban a súa parroquia, tiñan a misión nas súas casas de rematar o traballo cunha mensaxe de paz para Salgadiña.
Cada unha das cinco aulas do CRA fixo ao rematar unha exposición efímera cos cantos rodados e agora, coa colaboración do Concello, que se encargou de financiar a estrutura, déronlle forma de conxunto escultórico. “É moi gratificante para nós comprobar como os nosos rapaces e rapazas, nenos menores de 6 anos, son educados en igualdade e con valores tan importantes como o rexeitamento das guerras.
Desde o Concello defendemos o ensino público e reivindicamos a calidade da ensinanza do rural e iniciativas como estas demostran que estamos no certo cando animamos ás familias de Vilaboa a matricular aos fillos e fillas nas nosas escolas. Temos a sorte ademáis de contar con equipos docentes empáticos e implicados coa profesión. E esa combinación permite resultados como éste”. César Poza convida a toda a veciñanza a achegarse ao entorno da Aula da Natureza e desfrutar desta creación artística que embelece agora a contorna das Salinas.