Mariscadoras tras a recollida de ameixa.

Os restauradores locais prepararán as tapas da I Festa do Mar e participarán nunha cata organizada polo Concello coa Escola de Hostalaría de Pontevedra

O sabor dos produtos do Mar de Vilaboa estará nas mans de catro restaurantes locais na I Festa do Mar que terá lugar o vindeiro fin de semana no porto de San Adrián, os días 25 e 26 de xuño. Restaurante Mauro, Casa Aurelia, A Garboa e A Casa de Rosa de Mazaroca preparan xa os seus pedidos para elaborar cadanseu plato a base de produto recollido e comercializado pola Confraría de Pescadores e pola asociación de bateeiros locais.

Arroz con choco na súa tinta, empanada de choquiños, empanada de millo de chocos, mexillóns ao vapor ou en escabeche, cada un ao seu xeito, son as tapas que prepararán os establecementos locais para participar no concurso/ cata organizado polo Concello coa colaboración da Escola de Hostalaría de Pontevedra e que poñerá a proba a creatividade da cociña local. Estes mesmos produtos, en forma de tapas poderán ser degustados por quenes se acheguen ao longo da fin de semana á zona portuaria, na queo Concello instalará os stands e se encargará de que casetas e menaxe ofrezan unha imaxe homoxénea. Tamén de establecer uns prezos comúns para as tapas. Así, degustar mexillón terá un coste de 3,5 euros; as tapas de longueirón estarán a 4 euros; as dechocos a 5 e as ameixas a 6 euros.

Á vez que ultiman xeitos de elaboración, que combinan o tradicional e a innovación, os restaurantes preparan os seus pedidos á Confraría e aos bateeiros locais co fin de garantizar os tempos de depuración que requiren os bivalvos. As areas produtivas de Vilaboa aportarán toda a materia prima que servirá de base desta I Festa do Mar que ten, como obxectivo principal, homenaxear un oficio tradicional e con moito arraigo en Vilaboa.

Tanto o alcalde de Vilaboa, César Poza, como a concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego coinciden en indicar que trala pandemia agora toca “poñer en valor o local, o propio, e aqueles oficios que por unha ou outra razón se viron moi afectados pola crise sanitaria. No caso do mar, a pesca en todalas súas acepcións foi considerada coma un sector esencial, por seren abastecedores de alimentos, co cal xogaron un papel importante para alimentar a poboación durante as etapas mais duras do confinamento”. Por elo, o goberno local considera que é o momento de converter tanto ao sector como aos produtos do mar no centro dun evento lúdico, festivo, de ocio pero tamén de recoñecemento público.

Por elo dende o goberno local convidan a todos os veciños e veciñas da contorna a achegarse ata o peirao de San Adrián o vindeiro fin de semana, dende as 11 horas ata as 24 horas o sábado 25 de xuño, cun descanso entre as 16:00 e as 19:00 horas e dende as 11:00 horas ata as 16:00 horas do domingo 26 de xuño ou ata agotar existencias. “Estamos convencidos de que esta festa non vai defraudar a ninguén”, apunta César Poza, que recorda que ademáis da parte gastronómica a Festa contará cunha parte lúdica, musical e cultural que completará a homenaxe á xente do mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *