Os elegante@ s da Banda de Música tras un concerto antes da pandemia.

A Escola de Música de Vilaboa manterá aberto ata o vindeiro 30 de xuño o prazo de matriculación tanto para o alumnado actual como para as novas incorporacións.
Os rapaces e rapazas interesados en iniciarse no mundo da música ou cursar estudos máis especializados e vencellados a algún instrumento poden formalizar a súa matrícula cubrindo o formulario correspondente a través do seguinte enlace
https://forms.gle/mQnkfLWbieoPAnQz9

As distintas materias que se imparten, en diferentes grados de formación, teñen un coste para os alumnos que oscila entre os 10 e os 40 euros ao mes. E este ano a Escola confía en incrementar, como xa ven sendo habitual, a súa matriculación. Sería un dato positivo máis a sumar na celebración do décimo aniversario da Escola de Música.

I é que este mes a Escola está de festa e o vindeiro 25 de xuño, coincidindo coa celebración da Festa do Mar, ofrecerá un concerto no porto de San Adrián no que os músicos da Escola compartirán escenario con tres grandes artistas galegos: Rosa Cedrón, Miguel Ladrón e Paco Lodeiro con quenes interpretará temas recoñecidos.

A Escola de Música, da man de Daniel Figueira, director da Banda, conta agora con 170 alumnos, máis de 30 cativos e cativas asistindo ás clases de música e movemento; 65 membros na Banda de Música de Vilaboa e 13 profesores especialistas que imparten 16 materias instrumentais.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí