Un dos controis da Policía Local de Moaña na Xunqueira.

A Policía Local de Moaña pillou esta fin de semana a dous homes que conducían os seus coches a pesar de ir bebidos. En ambos os casos o achado tivo lugar tras sufrir un accidente, un deles na rúa Concepción Arenal e cun ferido leve, e o outro na Paradela sen danos persoais.

Tal e como marca a lei, ir ao volante cunha taxa de alcol superior a 0,60, como é o caso destes dous cidadáns, supón un delito contra a seguridade viaria e pódense enfrontar a penas de prisión de 3 a 6 meses, unha multa de 6 a 12 meses ou realizar traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. Ademais, da correspondente retirada do carné de conducir por un tempo superior a un ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *