O vial que o Concello vai a asfaltar.

O Concello destina 43.000 euros a renovar o firme e a canalización das pluviais

O Concello de Vilaboa comenza nestes días un plan de reasfaltado no que inclúe unha pista en Postemirón que une dous viais de titularidade da Deputación de Pontevedra, a EP 0101 e a EP 0103, no que investirá algo máis de 43.000 euros. O pavimento actual presenta un alto grado de deterioro debido sobre todo á diferencia de cota entre a orixe e o final deste camiño, que fai que as augas de escorrentía actúen sobre o pavimento, lavando a capa de rodadura superficial e arrincando áridos, acelerando así a súa degradación. Tamén a rede de recollida de pluviais se encontra nun avanzado estado de deterioro, xa que transcurriron décadas dende a última actuación sobre este pequeno vial.

A obra prevista polo Concello de Vilaboa consiste no reasfaltado mediante firme a base de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor en todo o tramo afectado; a renovación da sinalización horizontal nos entronques coas dúas estradas provinciais e elementos de vertical de Stop en varios puntos. Os traballos inclúen a limpeza das marxes, incluindo a apertura de cunetas e a actuación puntual na rede mediante a instalación de tramos de reixa en dous puntos e a colocación dunha protección dun canal de auga a base de pedras de perpiaño. O investimento recolle tamén o recrecido de tapas e arquetas.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, insiste en que o reasfaltado de pistas e viais municipais, xunto coa mellora da rede de abastecemento de auga, son unha
prioridade para o Concello de xeito que toda a veciñanza tivera acceso aos servizos básicos de calidade. “Vilaboa é un concello disperso e moi extenso o que dificulta moito esta tarefa, unha cuestión que nos obriga a afrontar este reto en varias fases”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *