Dous coches chocan frontalmente na N-554, no kilómetro 7,500, ao seu paso pola parroquia de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, no cruzamento de subida ao campo de fútbol. Segundo a Garda Civil, ocorreu as 19:40 horas e o resultado foi catro feridos leves. O condutor dun dos vehículos, un mozo, tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Morrazo e unha vez liberado queixabase da cadeira. O seu acompañante saiu polo seu só pé e só tiña feridas leves.
Ainda que aparatoso, non houbo que lamentar danos graves, só retencións en ambos sentidos despois do impacto.