Lona pidiendo sentidiño instalada en la playa de Portocelo.

Durante o mes de xullo deste ano 2022, pasaron pola Oficina de Turismo de Marín un total de 612 persoas, o que evidencia un importante incremento en relación cos datos durante o mesmo mes do ano 2021, no que se contabilizaron un total de 420 persoas.

Por unha banda están os turistas (los que pasan ao menos unha noite aloxados), 514 en xullo, e por outra banda, están os excursionistas (que non durmen en Marín), cuxa cifra ascende a 98 persoas durante o mesmo mes.

Ademáis, a estes datos teríamos que engadir 72 persoas máis (58 turistas e 14 excursionistas), que pasaron pola Oficina de Turismo na derradeira semana do mes de xuño, data na que abriu a oficina ao público esta ano 2022. É dicir, os datos reais de persoas que pasaron pola Oficina de Turismo dende que abriu o día 22 de xuño ata o 31 de xullo, foi de 684 persoas.

Procedencia dos visitantes

En canto a enquisa para clasificar aos visitantes en función do seu lugar de orixe, a maior parte dos enquisados 453 procederon de distintas comunidades autónomas (exceptuando Galicia), 109 procedían de Galicia e tan só 50 eran procedentes do estranxeiro.

En canto a aportación estranxeira aos datos de visitantes no concello de Marín foi 50 persoas e case todas estas persoas tiñan vinculación con Marín por temas de emigración ou familia na zona. Aínda así, cabe destacar un incremento en relación ao mesmo período do ano anterior, no que se rexistraron tan só 12 persoas estranxeiras.

En relación cos galegos que visitaron o municipio, destacan que o grupo máis numeroso foi o da provincia de Pontevedra, con 64 persoas, seguido da provincia de Ourense con 27 persoas, a provincia de A Coruña con 13 persoase, e finalmente, a provincia de Lugo con 5 persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *