As persoas concentradas na explanada do Concello mentres a nai le o manifesto.

O Consello Escolar Municipal convoca hoxe unha nova mobilización diante do Concello de Cangas. Será ás 20:30 horas baixo o lema » As nosas crianzas perden, Cangas perde».

Non é a primeira vez que este verano levanse a cabo concentracións deste tipo de fronte ao comezo do próximo curso escolar. A última tivo lugar o pasado 13 de agosto na que varios centenares de persoas concentráronse para protestar polos recortes na educación pública de Cangas convocadas pola Federación de Anpas Galegas e o CEM que afectan a moitos dos colexios da localidade e, especialmente, ao IES María Soliño que, de non reforzarse o persoal de docentes resultará moi difícil o inicio do próximo curso. Así o manifestaron onte os pais e nais convocantes no manifesto que leu, precisamente, unha das nais afectadas por este tijeretazo do María Soliño. Un redución do profesorado que, segundo explicaron desde a organización, está a levarse a cabo en pleno verán cando os centros educativos están pechados e non hai posibilidade de informar os pais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *