A familia na porta da súa casa en Nerga.

A familia de Nerga que hai uns días recibiu unha carta da Xunta cunha orde de derriba da súa casa, na que levan vivindo máis de 25 anos e que, segundo explicaron a Morrazo Noticias, conta con todos os permisos pertinentes desde a súa construción convocou unha concentración de apoio ás portas do Concello de Cangas. Será mañá 1 de xullo ás 20:30 horas.

Os afectados queren reunir a cantas máis persoas mellor como medida de presión #ante a Administración Autonómica para que teña en conta o seu recurso e retire a sombra da picaraña da que é a súa vivenda habitual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *