A Garda Civil en una actuación de rescate en Aldán.

Unha persoa tivo que ser rescatada, a pasada noite, despois de caer nunha zona de rochas na parroquia de O Hío, en concreto, preto da rúa Ravelo, en Cangas.

O 112 Galicia recibiu o aviso, arredor das dez e cuarto da noite, cando os servizos sanitarios solicitaron axuda para rescatar a unha persoa que caera nunhas rochas e non lograba saír. Ao parecer, segundo sinalaron dende o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a persoa mareouse e caeu e, cando chegou a ambulancia, non conseguían sacalo.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia deron aviso á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo, aos Bombeiros de Vigo ao Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e á Garda Civil.

Finalmente, pouco antes das once e media da noite, os equipos de emerxencias confirmaron que lograran rescatar á persoa e que fora trasladado  polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *