Rosa María, o seu marido e a súa filla diante da casa co orden de derriba.

Rosa María Fernández e o seu marido son un matrimonio humilde que desde hai 25 anos residen na súa casa de Nerga, a mesma que construíron con moito esforzo e todos os permisos necesarios naquel momento. Con todo, hai apenas unhas semanas unha carta cambiou as súas vidas. A Xunta poñíase en contacto con eles para comunicarlle que a súa vivenda, pola que pagan e pagaron tódolos impostos e taxas correspondentes desde que a levantaron, tiña que ser derrubada porque a localización real da casa non se axusta á do proxecto. Naquel momento, entre o 1995 e 1996, Cangas estaba gobernada polo alcalde nacionalista Euloxio López.

«No seu momento aquí viñeron todos os técnicos municipais que quixeron para revisar as obras e nunca houbo ningún problema. Pagamos no seu día a licenza, o proxecto de final de obra, ao Rexistro da Propiedade, o lixo, etc… e resulta que agora nos din que é ilegal. Non o entendemos», asegura Rosa, que xa está a recompilar toda a documentación para presentar alegacións ao escrito da Xunta. Se a Administración Autonómica non as acepta, daralles tres meses para botar abaixo a casa e asumir os 70.000 euros da demolición.

«Somos unha familia humilde, o meu marido está enfermo e eu traballo nun supermercado. Non temos onde irnos, teremos que pedir esmola para que nos acollan ou pagar un alugueiro aínda que non sei de onde sacaremos o diñeiro para iso porque se temos que asumir os gastos de derriba…», lamentaba a propietaria aínda incrédula polo que está a vivir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *