Os ediles Odilo Barreiro e Marta Freire, na súa visita ás obras.

Membros do goberno local de Moaña estiveron esta mañá revisando a execución dos traballos do Proxecto de asfaltado de varios viais no termo municipal de Moaña financiado na súa totalidade con cargo ao Plan Concellos 2020 da Diputación de Pontevedra.

Dende o goberno destacan que os camiños incluídos no proxecto (Camiño do Lazareto, Camiño da Fanequeira, Camiño de Escurrás, Camiño de Fonte Bieita, camiño de Bouza Murilla e o tramo inicial da rúa Daniel castelao) foron propostas xurdidas do proceso participativo que este goberno realiza a través dos Consellos veciñais.

A tramitación deste proxecto iniciouse en xullo 2020 que foi cando comezaron os trámites administrativos necesarios para que estas obras sexan hoxe unha realidade. Houbo que tramitar permisos sectoriais ante outras administracións con competencias en algún dos viais obxecto de actuación, concretamente ante a Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta de Galicia e Infraestructuras e Vías da Deputación de Pontevedra, e tamén foi necesario abrir un proceso de licitación polo importe da obra, de ahí que se ralentizara a adxudicación definitiva do mesmo.

Con este proxecto se mellorou sustancialmente a capa de rodadura de camiños e viais en diferentes parroquias. Dende o o goberno municipal intentaron, na medida do posible, que os nosos proxectos abarcasen a maior parte do término municipal aplicando un criterio de «equidade na redistribución dos recursos económicos municipais».

Nesta obra se executaron máis de 7.500 ml de aglomerado e agora mesmo a empresa está finalizando o realce das 47 tapas de rexistro e o pintado dos máis de 900 ml de sinalización horizontal contempladas no proxecto.

Dende a Concellería de Obras que dirixe Marta Freire queren «agradecer ao tecido veciñal a súa participación na priorización dos investimentos municipais».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *