A Xunta de Galicia anuncia que entre os programas dirixidos a menores de 30 anos, nos que a Xunta gastará 1,8 millóns na área de Vigo, financiará o denominado Moaña Moza II para a organización e xestión de eventos e actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil. Os proxectos coma este son promovidos por concellos, mancomunidades de concellos e entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades.
Estes programas tamén inclúen a posibilidade de que os alumnos e alumnos, ao remate dos obradoiros, poidan optar a un contrato laboral nunha empresa da contorna durante un mínimo de seis meses a xornada completa para ocupacións nas materias impartidas na fase de formación. En definitiva, os obradoiros dirixidos a menores de 30 anos son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral. O obxectivo é incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas para minimizar os efectos da crise sanitaria.
No conxunto de Galicia, o Goberno galego destinará este ano preto de sete millóns de euros para a posta en marcha de 19 obradoiros que beneficiarán a máis de 300 mozos e mozas de 18 anos o máis inscritas e en situación de beneficiarias no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Os participantes, ademais de recibir formación de calidade, contarán cun contrato de traballo de 12 meses de duración.