O Concello de Bueu deu comezo esta semana ao programa Convida Bueu 2020, que
ofrecerá durante o verán música, representacións teatrais e cinema, nunha clara aposta
pola cultura e coa aplicación de protocolos de seguridade e hixiene para que sexan
eventos plenamente seguros.

Así, o público adulto gozou o luns do rap combativo do grupo ponteareán Sondarúa,
que expuxo as súas letras máis comprometidas diante dun público totalmente entregado
na Praza Massó. No mesmo espazo programouse a representación teatral ‘Contos para
un caldiño’, que desenvolveu a compañía Baobab Teatro o martes, e a proxección da
película ‘Paddington 2’, da que o público familiar gozou o mércores.

Programa da próxima semana

O programa completo vai continuar o próximo luns, 13 de xullo, coa proxección do
filme de ‘La Tortuga Roja’, ás 22.30 h na Praza Massó, e a actuación teatral de Rilo e
Penadique, que contarán e cantarán as súas historias no entorno do estaleiro da Banda
do Río o martes 14 a partir das 21.00 h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *