O Concello tamén adxudicou a renovación do parque infantil da Choupana á empresa Bricantel por case 45.000 euros
Coa apertura dun novo parque infantil, esta vez en Irmandade da Fala, o goberno local de Cangas asegura que «vaise cumplindo o camiño marcado para o 2023 e conseguindo cumplir coas demandas que a veciñanza fixo chegar a alcaldesa neste últimos dous anos».
O Concello de Cangas conta cun total de 23 parques infantís en todo o termo municipal, creados no seu día para atender unha poboación diseminada en cinco parroquias. A meirande parte deles necesitan obras de mantemento que o Concello valorou en máis de 138.000 euros. Para poder atender estas carencias habilitou unha partida económica na proposta de orzamento para 2023, que non saiu adiante debido ao voto en contra do PP e do PSOE; ao igual que a modificación de crédito que liberaba fondos para atender os parques públicos.
Polo que, explican dende a Alcaldía, «por en funcionamento unha zona de ocio actualmente en desuso debido ao elevado deterioro dos elementos de xogo é moi reconfortante». Con moitas dificultades orzamentarias «conseguir pouco a pouco a rehabilitación dos parques infantiles está sendo todo un reto de xestión, e ver que a pesar das trabas de dous partidos estamos conseguindo levar a cabo o proxecto demostra que a xestión transversal é indispensable e as oposicións non poden ser destructivas pois o son para consecuencias a veciñanza», indica a alcaldesa Victoria Portas.
Adxudicación do parque infantil da Choupana
O goberno local de Cangas adxudicou á empresa Bricantel España SL a renovación do parque infantil de A Choupana, que presenta un avanzado estado de deterioro tanto nos elementos de xogo, en parte por seren obxecto de actos vandálicos, como no seu chan por un importe total de 44.941,60 euros.
A actuación recolle a mellora do actual chan de caucho cun pavimento que absorba os impactos, a restauración do peche perimetral e a utilización de materiais que garantan unha maior durabilidade e que permitan o xogo a persoas con diversidade intelectual e funcional e tamén que eviten a reducción de visibilidade e con características anti-vandálicas.
No que se refire aos elementos de xogo a memoria recolle a instalación de varios columpios novos entre os que cabe destacar un cesto con dous asientos e dúas cunas; un conxunto con capacidade para 30 nenas e nenos composto por dúas torres, rede de trepar, escaleira, barra de bombeiros e tobogán; varios xogos de muelles con forma de animais mariños como un peixe ou un cabaliño de mar e dous tobogáns, un curvo e outro en terraplén.
“Na Choupana reside moita poboación infantil que necesita espazos de lecer e de xogo para un desenvolvemento harmónico da súa personalidade tanto a nivel físico, como emocional, social e intelectual. Por tanto, desde o Concello queremos potenciar, na medida das nosas posibilidades, que os nenos e nenas dispoñan das instalacións necesarias para poder xogar nos espazos públicos, e sempre aplicando os criterios que rexen en todas as actuacións municipais de garantir a accesibilidade universal e a integración das persoas con discapacidades”, apunta Victoria Portas.