A Pontella de Nerga en reparación.

O Concello de Cangas solicitou no mes de febreiro un ha subvención á Consellería de Medio Ambiente por un importe de 24.200 euros para fabricar unha nova pontella sobre o río de Arriba, en Nerga, cun deterioro tan acusado que é intransitable e interrompe a operatividade da Senda Costeira Cangas-Donón. Coa reposición da pasarela o Concello busca protexer as dunas, incluídas no espazo protexido Zona de Especial Conservación Costa da Vela e fomentar o sendeiro azul coa creación das pasarelas elevadas. Debido á mobilidade da area, as dunas e as plantas que conforman o hábitat dunar son fráxiles e moi sensibles ao pisoteo polo que o Concello de Cangas quere correxir as deficiencias con celeridade para axudar á recuperación do hábitat natural do entorno.

Dita subvención foi concedida por importe de 20.000 euros e foi licitada, sendo adxudicataria a empresa Acry de Promociones y Obras SL por importe de 17.455,00 euros.

Os traballos, que teñen o informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, do Servizo Provincial de Costas e de Augas de Galicia, consisten na retirada dos restos da pasarela que vadea o regato e a instalación doutra de similares características; o rozado da vexetación na zona de traballo atendendo ás directrices sobre mantemento e limpeza nos tramos fluviais e a colocación dunha nova pontella en madeira tratada.

Este espazo é un dos enclaves esenciais do patrimonio natural de Cangas, incluído no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, do que fai uso habitual a propia veciñanza e persoas interesadas en coñecer as áreas arqueolóxicas, miradores e as catro praias da contorna, na que tamén se encontran varias rutas de sendeirismo, pistas forestais e viais secundarios.

«É unha pena que teñamos que soamente actuar na nosa rede natural e na nosa contorna cando conseguimos subvencións para elo, pois a partida destiñada a medio ambiente soamente ascende a 12.250 euros mentras que o novo orzamentos incrementaba esa partida aos 70.150 euros e foi rexeitado polos votos do PP e do PSOE», din dende o gobierno local, e insisten en que «precisamos facer actuacións máis impactantes no coidado da nosa contorna e para eso precisamos facelo con fondos propios que existen».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *