Pistas do Ceip San Roque de Cangas xa renovadas.

A alcaldesa lamenta que o bloqueo ao orzamento impida executar máis obras de renovación de equipamentos deportivos

As pistas polideportivas anexas ao CEIP San Roque, na rúa Tobal, comeza a temporada escolar cun aspecto totalmente renovado despois dun investimento de 44.000 euros que permitiu subsanar as deficiencias que presentaban estas instalacións. A alcaldesa e concelleira de Deportes, Victoria Portas, recoñece que se trataba dunha actuación imprescindible e moi necesaria debido ao estado tanto do firme das pistas como das gradas e recorda que o investimento tería sido en máis instalacións de terse aprobado o orzamento municipal para este exercicio, rexeitado por PP e PSOE.

Estado anterior das pistas.

A actuación desenvolvida durante este verán polo goberno de Cangas abrangueu
todas as instalacións deportivas, dunha superficie duns 1.400 metros cadrados, nos que se encontran dúas pistas de tenis, unha pista de futbol sala, dúas minipistas de basquet e outras dúas de volea.

As pistas presentaban un estado de avanzado deterioro polo que foi necesario unha actuación profunda ademáis de repararon de diversos tramos de gradas, actuando sobre o espazo dos asentos, procedendo ao seu pulido para garantir a comodidade do público.O investimento incluíu tamén a reposición de redes, tensores e diferentes elementos de xogo en estado de deterioro.

Victoria Portas recorda que o aglomerado asfáltico que se renovou databa dos anos 90, momento no que se situaron dúas pistas deportivas no espazo comprendido entre o pavillón e as bancadas actuais. “Ao longo destes anos realizáronse obras de mellora para utilizarse principalmente como pistas de tenis. Co paso de tempo e o desgaste polo uso masivo de xogadores, tanto as capas de slurry iniciais, así como as posteriores, con diferentes acabados estaban totalmente deterioradas e non cumprían a función para a que foron deseñadas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *