O goberno local confía en que Deputación inclúa este proxecto na primeira remesa de investimentos ao concentrar o vial 6 paradas de autobus
O Concello de Cangas busca converter a estrada Madalena- Herbello nun tramo peonil seguro coa presentación deste trazado, que concentra seis paradas de autobús, ao programa Apearse, da Deputación Provincial. Trátase da primeira edición desta iniciativa provincial creada precisamente para favorecer a seguridade da poboación usuaria de transporte público e crear ámbitos amables arredor das marquesinas de espera.
Na memoria remitida polo Concello de Cangas solicitando a inclusión deste vial, na EP 1002 desde o cruce coa PO-551(Madalena) ata o cruce de PO-315 (Herbello), recóllese a alta densidade de poboación xuvenil que utiliza o autobús para acceder aos dous centros educativos situados na contorna, o IES María Soliño e o IES Monte Carrasco, ademáis de infraestructuras deportivas. Apuntan desde o goberno local que a marxe do vial no que a Deputación decida actuar para mellorar os accesos “é insignificante, xa que teñen parada de autobús tanto a unha marxe como a outra en todas elas”.
O programa Apearse, que conleva a sustitución das marquesiñas, pasa por por delimitar adecuadamente os espazos de detención do autobús, pero tamén por acondicionar as zonas peonís de espera a carón da zona de detención dos autocares, así como as conexións peonís coa contorna para que sexan completamente accesibles e estean ben iluminadas. “Esta liña de traballo aberta pola Deputación parécenos que pode incidir de xeito moi positivo na seguridade viaria peonil e na reducción de riscos nas estradas por iso confiamos en que este proxecto se inclúa na primeira remesa de actuacións que execute a administración provincial con cargo ao Apearse”, apunta Victoria Portas que tamén considera fundamental desde o punto de vista ambiental fomentar o uso do transporte público.