A rúa do entorno da Praza pechada onte ao tráfico.

Como é habitual, o Concello de Cangas celebra o Día Europeo sen Coches e faio coa súa tradicional pista para biciletas e cars a pedais para os máis pequenos situada nun lateral do consistorio. Unha actividade gratuíta que comezou ás 17:00 horas e que se prolongou ata as 20:00 horas á que se sumaron decenas de nenos e nenas co fin de promover a mobilidade sostible. Ademais, os menores tamén puideron gozar coñecendo as motos e os coches da Policía Local e de Protección Civil, que participou con seis vehículos.

Pero non toda a actividade desenvolveuse na pista, o centro de Cangas, na contorna da Praza de Abastos, tamén se cortou ao tráfico entre as 19:00 e as 22:30 horas ao ser un espazo contiguo ao casco lanuxe e integrado na área da Alameda Vella.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *