Estado no que quedou a vivenda.

Unha vivenda situada en Vilanova, na parroquia de O Hío, resultou calcinada no seu interior por causas que aínda se descoñecen, aínda que todo apunta a que a orixe puido estar nun brasero.

A voz de alarma saltou ao redor das doce do mediodía e ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia, á súa chegada en primeiro lugar trataron de comprobar se había alguén na casa xa que na parcela había un vehículo pero tras apagar o lume comprobaron que estaba baleira.

Segundo fontes de Protección Civil e da Policía Local de Cangas, trátase dunha segunda vivenda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *