A forte tromba de auga que caeu na tarde de onte durante apenas uns minutos sobre Cangas provocou que unha árbore da Alameda partise e unha das ramas caese sobre o tellado da Capela do Hospital. Aínda que aparatoso, só provocou danos nunhas tellas e non houbo que lamentar outros indicentes maiores.
Esta mañá, e segundo informa Protección Civil, xardineiros do Concello e os propios voluntarios con maquinaria de maior tamaño, procederon a cortar o tronco e retirar a madeira da Capela.
Sobre o resto das árbores, desde Protección Civil informan de que se atopan en bo estado e non hai risco de novas caídas.