Instan a Naturgi a dispoñer dun teléfono para cita previa porque o personal é insuficiente para atender tanta demanda de reclamacións

Debido a situación na que se está atopando a veciñanza (clientes de Naturgi) que teñen que facer unha espera fora das instalacións que a súa empresa ten neste Concello polo escaso persoal, xa que teñen que atender a un número moi superior ó que había fai uns meses, e considerando que o persoal asignado é insuficiente para tanta demanda de reclamacións, dende o Concello de Cangas solicitan que dispoñan dun número de teléfono para cita previa, xa que a carga de traballo é inasumible do persoal do que dispoñen.

En visto do acontecido a diario, este Concello estaría disposto incluso a proporcionar un local municipal para facilitar ás tarefas e a operatividade do traballo, xa que non só se atende a veciñanza de Cangas senón que tamén a de Bueu e Moaña.

Ademáis, mañá está prevista unha charla no salón de plenos do Concello de Cangas na que daranse consellos para aforrar na factura da luz. Será ás 19:30 horas e recomendan levar a tú factura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *