Asegura que son las confrarías quenes teñen esta competencia e manifesta que non darán prioridade á resposta da edil. «Todos os asuntos son prioritarios», afirman
Cansa de esperar a que o sacerdote ou o Arcebispado de Santiago de Compostela recapacite e inste o párroco da excolegiata, Don Severo Lobato, a que «se poña a traballar» para que Cangas non quede sen a Semana Santa tradicional, a edil de Cultura e Turismo, Aurora Prieto, enviou nas últimas horas unha carta á institución eclesiástica da capital de Galicia pedíndolle que «proceda a dar as ordes oportunas» ao cura para que «se poña a traballar» na programación das procesións polas rúas do municipio. Unha demanda tanto do goberno local como tamén dos sectores económicos, sociais e da maioría das confrarías relixiosas do municipio, aínda que non está claro cales están ao lado do sacerdote e cales están decididas a saír á rúa coas imaxes.
Prieto demanda unha «solución inmediata» nun conflito que, de non resolverse a moi curto prazo, deixará a Cangas por primeira vez na historia sen a súa Semana Santa, recoñecida co distitivo de Interes Turístico de Galicia desde fai máis de vinte anos. A edil alude á tradición e aos beneficios económicos para unha «economía deprimida» e insiste, como veu facendo nos últimos días, en que «non existe motivo algún para non realizala».
Con todo, desde o Arcebispado, que confirma que recibiron a misiva o venres a última hora, agradecen ao Concello o seu interese pero deslexitímano para actuar de intermediario e alegan que este labor compete ás confrarías. «As autoridades non teñen a competencia de mediar co Arcebispado, as que teñen que manter ese trato son as confrarías», manifestan os responsables da autoridade eclesiástica que non darán prioridade a responder á carta «porque todos os asuntos son prioritarios e deben de seguir o seu proceso».