A reunión do goberno local, oposición e técnicos do Concello.

A intención e entregar os terreos á Xunta na zona máis próxima á rotonda do Gordo para a construción das instalacións sanitarias

A Oficina Técnica del Concello de Cangas estuda se a administración local pode facerse cuns 35.000 metros cadrados, aproximadamente, de terreo en A Rúa en lugar de entre 10.000 e 15.000 metros como se expuxo nun principio.

De ser posible, isto permitiría que os futuros gobernos poidan levar a cabo ampliacións das instalacións sanitarias que se constrúan na parcela e, ademáis, dotar de aparcamento ao centro sanitario e, mesmo, utilizar esta zona de estacionamento como aparcadoiro disuasorio nas épocas estivais de maior concentración de vehículos. A falta de que os técnicos maticen a idea, esta foi a conclusión da reunión que goberno local, partidos da oposición e técnicos mantiveron a semana pasada. «De partida o viron con bos ollos», explica a alcaldesa, Victoria Portas.

O que aínda está no aire é se esta adquisición será a través da compra ou da expropiación.

A intención de Portas e do goberno local é entregar os terreos que necesita a Xunta para dotar a Cangas dunhas instalacións sanitarias mellores que as actuais, aínda que aínda está por confirmar de que tipo. O que si confirma a rexedora é que a parcela que se poñerá ao dispor da consellería de Sanidade será a máis próxima á rotonda do Gordo, para non meter máis presión e máis coches no vial de acceso ao colexio. «Despois con estes terreos teremos a posibilidade de xerar espazos verdes e mesmo a posibilidade de facer un camiño semipeonil, mellorando a seguridade dos estudantes», detallou Portas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *