A presidenta Olga Sotelo coa premiada Alejandra Vila.

Alejandra Vila Figueroa, Técnico de Radio Diagnostico do hospital Ribera Salud, Povisa, foi a galardoada co premio Adicam 2021. Segundo describiu a presidenta da asociación, Olga Sotelo, pola súa «humanidade, empatía, acollemento con agarimo, comprensión, atención centrada na persoa, calidade no trato persoal, información adecuada e suficiente, comunicación comprensible, confianza e seguridade».

Pero este ano o premio Adicam non só vai dirixido a ela, senón «a todas as profesións da sanidade que teñen un trato próximo cos pacientes. Eses e esas profesionais que ten a capacidade de deixar os problemas persoais en casa; para poder a tender ás pacientes simplemente como nos gustaría que nos tratasen a cada un de nós», engadiu Sotelo no seu discurso.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí