María Jesús Bermúdez, adestradora de remo, e María Bautista, árbitro de taekwondo, reciben a súa correspondente homenaxe por parte do pobo de Cangas tras a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Tokio. Fixérono nun acto no Concello de Cangas no que foron recibidas oficialmente pola alcaldesa, Victoria Portas.
Ambas recibiron como lembro un pin do Concello e unha figura co mapa de Cangas.