Un veciño de Vilaboa no cribado fai uns meses.

Isto permitirá a apertura do interior da hostalería a un 50 por cento en interior e 75 por cento terraza

O comité clínico que asesora á Xunta decretou o descenso de nivel dos concellos morracenses de Bueu e Moaña a medio-baixo. Esta última semana permaneceron no nivel medio pero a caída dos contagios permitiu reducir as restricións de maneira que a hostalería de ambas as localidades poderá abrir novamente o interior ao 50 por cento de aforo e ao 75 nas terrazas.

A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, manifesta a súa alegría por esta baixada de nivel e de casos, hoxe 23 activos, «pensando na hostalería local, que se vía moi limitada no aforo permitido». «Agradezo o comportamento dos veciños de Moaña, en xeral, que fai que teñamos unha incidencia relativamente baixa», salientou.

Así, todos os municipios da comarca do Morrazo, incluído Cangas, Marín e Vilaboa, permanecerán desde as 00:00 horas do próximo sábado no nivel máis baixo de restricións.

Pola contra, Mos pasa ao nivel máximo xunto coa Pobra do Caramiñal. No alto sitúanse Ordes e Viveiro.

Finalmente, no medio quedan Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *