San Adrián e Santa Cristina organizan tamén este sábado actividades lúdicas e Figueirido pospón o asado das castañas ata o día 25 de novembro
As parroquias de Vilaboa arrecederán a castañas asadas na xornada deste sábado coa celebración de magostos nas parroquias de Bértola, Santa Cristina e San Andrés de Cobres trala concurrida celebración desta mesma festa en Vilaboa o pasado sábado. Figueirido, sen embargo, esperará ata o día 25 de novembro para degustar as castañas que, en todos os casos, aporta o Concello a este convite gratuito para a veciñanza.
Bértola recupera esta festa por todo o alto tralo parón obrigado pola pandemia. Tras varios anos sen magosto, a asociación de veciños que preside Emilio Juncal Farto instalará unha carpa na que a partir das 19.30 horas se asarán máis de 600 kilos de castañas. Haberá xogos para a rapazada e unha monitora para dirixilos. Non será máis que o inicio da festa, xa que a comisión contratou dous tríos musicais para que o baile espante o frío. E agasallarán á veciñanza ademáis con rosca e queimada. Por si fora pouco, teñen previstos varios sorteos nos que os afortunados poden levar dúas cacheiras e dous xamóns ou dous reloxios de pulsera.
En Santa Cristina o magosto é tamén unha tradición con máis de 20 anos de historia. Ricardo Fernández, presidente da asociación de veciños A Cruz de Pedra, está ao fronte da organización dunha tarde de convivencia entorno ao magosto, os chourizos asados e viño do país gratis para todos os asistentes. Da ambientación encargaranse os grupos folclóricos da parroquia a partir das 19.30 horas.
Á mesma hora comezará a festa en San Adrián de Cobres. A Comunidade de Montes ten todo a punto para facer unha festa sinxela pero con moitas gañas de diversión. Castañas, choripán e un posto de venta de bebidas será suficiente para rendir tributo ao outono e que a veciñanza teña unha motivo lúdico para reunirse xunto a bo lume que ase as castañas.