As cabanas preparadas para a súa apertura en 2022.

As persoas emprendedoras interesadas en contar cunha das cinco casetas que oferta o Concello teñen que formalizar a súa solicitude antes do 24 de novembro

Vilaboa aposta de novo polo seu sector artesanal coa organización dunha terceira edición do seu Mercadiño de Nadal que nesta ocasión estará instalado en Paredes para reforzar a montaxe lumínica e decorativa que a veciñanza deste barrio ten previsto repetir este Nada. Neste Mercadiño os veciños e veciñas poderán adquirir agasallos orixinais e creativos para estas festas elaborados de xeito profesional por emprendedores do municipio-

O Concello instalará seis casetas para a exposición e comercialización de artigos e manterá ata o día 24 de novembro aberto o prazo para que se inscriban quenes desexen participar da iniciativa. As persoas interesadas en utilizar o Mercadiño como escaparate do seu produto e do seu traballo teñen que remitir a súa petición ao Concello a través do mail dinamizacion@vilaboa.org.

Nesta ocasión o Concello reserva unha caseta para a comisión organizadora do Mercadillo poida ofertar alimentos e bebidas quentes a quenes se acheguen atraídos pola iluminación do barrio e as outras cinco serán distribuídas entre as persoas solicitantes, deixando aberta a posibilidade de compartir stand e mesmo de facer colaboracións puntuais fora das casetas no caso de que non queiran participar nos 16 días que dura o evento.

O Mercadiño, que contará con iluminación e fío musical para ambientar o entorno, permanecerá aberto do 22 de decembro ao 7 de xaneiro en horario de tarde os días laborais e toda a xornada durante as fins de semana e os festivo. Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, aposta con esta iniciativa pola visualización do traballo artesanal, como xa fixo noutros eventos e citas lúdicas celebradas ao longo deste ano en Vilaboa.

“A ubicación do Mercadiño é rotatoria e este ano queremos respaldar o excelente traballo da veciñanza de Paredes. É unha boa oportunidade para quenes teñan na venta directa unha liña de saída aos seus artigos ”, apunta Carmen Gallego, que recorda que as casetas serán adxudicadas por rigurosa orde de entrada das solicitudes, “e en caso de haber máis demanda que casetas, trataremos de buscar solucións para que ninguén quede fora”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *