Alcaldesa e edís cos técnicos no Parque de Castiñeiras.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos, así como do enxeñeiro municipal, fixeron unha visita ao espazo natural, onde a empresa Caldevergazo dá paso na execución do proxecto ambientañ

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, acudiron hoxe a Castiñeiras, onde se está desenvolvendo unha das actuacións incluídas no Plan de Sostibilidade Turística (PSTD), a creación un Parque da Natureza a través da recuperación ambiental de diversas zonas da área comunal de Santomé de Piñeiro que se atopaban degradadas ou infrautilizadas.

Unha delas era a do miradoiro ubicado xunto ao antigo campo de tiro, onde se están levando a cabo labores de desbroce e de recuperación do palco existente, para poder dotar a Castiñeiras dun novo atractivo natural e turístico. A zona completarase coa dotación de mesas e banquiños para habilitar un merendeiro e coa mellora do firme da pista que dá acceso ao lugar, así como da explanada do antigo campo de tiro para convertelo nunha área de estacionamento. Tamén se colocará un columpio dobre de madeira.

Por outro lado, estase traballando na creación dun doutro espazo de merendeiro ao carón do asadoiro e do parque infantil, onde tamén se ubicarán xogos multiaventura, como un rocódromo, para completar o ocio dos máis pequenos e pequenas. Tamén se mellorará a protección da Mámoa de Pedralonga.

Por outro lado, crearase un “Bosque comestible” mediante a plantación de árbores froiteiras autóctonas galegas (maceira, pereira, ameixeira), herbas mediciñais e aromáticas. E sinalizarase e colocarase un valado nun humidal existente onde viven anfibios de diversa clase.

A alcaldesa lembra que “Castiñeiras, tanto a contorna que nos pertenece como o Lago, foron unha prioridade clara de inversión durante todo o PSTD, demostrando o noso compromiso por seguir poñendo en valor, desde todas as perspectivas, o noso gran pulmón verde”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *