Alternativa dos Veciños (AV) quere que a Xunta informe ao concello de Cangas do calendario que manexa para poder comezar a obra de construción da senda peonil que discorrería pola PO-551 e que uniría a pé Trasouto e A Magdalena. Un tramo que permitiría conectar o núcleo da Portela, en Bueu, coa zona da Magdalena, enlazando ademáis a área empresarial e a conexión coa CG-4.1. Para iso, o partido que lidera a exalcaldesa Victoria Portas leva unha moción ao pleno con esta petición formal de información coa intención de que poida saír adiante co apoio de todos os grupos políticos da corporación.
Segundo AV, no 2017 a Conselleira de Infraestructuras e Vivenda, Ethel Vázquez, anunciou a inversión demáis de 3 millóns de euros para a construcción de 8 sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe na comarca do Morrazo dentro da “Estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca do Morrazo” ou tamén denominado “Plan Sendas do Morrazo”.
«Pasan os anos e nada sabemos de dita senda, a Xunta comezou as Sendas no Concello de Marín, logo continuó coa senda en Bueu e na actualidade atópanse no Concello de Moaña, sen noticias de ningún tipo nin coñecemento do proxecto que afectaría ao Concello de Cangas», reprochan na proposta so tratarse, din, de unha senda «imprescindible como medida para a seguridade de peóns e ciclistas entre os diferentes núcleos de poboación, tanto entre Concellos Bueu- Cangas e dentro do propio concello, Alto da Portela, Madalena, Monte Carrasco.. e o espazo dos Centros Educativos , favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos ao vehículo, cumpliría un dos obxectivos prioritario e primordiais do noso pobo, accesibilidade universal e unha mobilidade máis sustentable».