Os Xardíns do Sinal na Alameda Nova.

O partido da ex alcaldesa Victoria Portas di deixou partidas para arreglar outros tres parques infantís máis, además dos de Nazaret, Choupana e A Caíña que foron mellorados durante a lexislatura anterior

«Entendemos que ter baños públicos para toda a cidadanía que fai uso do parque infantil, como das zonas de deporte e ocio dos Xardíns do Sinal é unha demanda dende hai tempo e de moita veciñanza e tomouse en consideración dita petición. Atopámonos con que o goberno actual desexa cambiar o proxecto do baño por un novo parque infantil. Primeiro reiteramos que é un servizo necesario e que queremos que nos aclaren de como o van a solventar si non van poñer o baño. Pois máis caro é contratar un baño de quita e pon en cada acto que se leva a cabo.»

Así reacciona Alternativa dos Veciños, liderado pola ex alcaldesa Victoria Portas, ao anuncio da concelleira de Obras e Servizos, a sociaclista Iria Malvido, de cambiar o baño autolimpiable da Alameda Nova por un parque infantil e lémbranlle que «o goberno anterior, tras a rehabilitación dos parques infantiles de Nazaret, Choupana e A Caina, tiña consignado partida orzamentaria para que neste mesmo 2023 se arreglaran 3 parques infantis máis de forma íntegra». «Descoñecemos o motivo polo cal o goberno actual non o están a facer, facendo remendos que non dan a seguridade que nos teñen que ofrecer», manifesta AV.

«Non negamos que a cativada teña que ter máis espazos onde poder xogar e socializar cos seus iguais dentro de un espazo seguro pero consideramos que antes de facer novos parques habería que reparar e acondicionar os que xa están ou dotar de instalacións municipais para o ocio infantilen zonas nas que carecen delas (Hio, Coiro…)», engaden invitando ao goberno a coñecer o «éxito» e a «eficiencia» dos tres baños autolimpiables instalados en Bueu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *