Encontro Victoria Portas e da arquitecta cos veciños de Coiro para explicarlles o proxecto de reforma do cemiterio en marzo de 2023. FOTO: CONCELLO DE CANGAS

AV denuncia que o goberno as suprima da web pese a concederlles axudas e espazos. O partido de Victoria Portas se ofrece a estas colectivos a preparar a documentación para solicitar novamente a incorporación no Rexistro Municipal

Alternativa dos Veciños denuncia que a baixa de máis de 63 colectivos sociais do Rexistro de Asociaciós Municipais en dous meses e, ante a «insensibilidade do goberno local», ofrecese a axudar aos colectivos a preparar a documentación para solicitar novamente a súa incorporación.

“Un dos eixos vertebrais da acción do goberno é a concepción da participación veciñal como unha calidade transversal que impregna toda a acción municipal. O obxectivo é promover a cultura da participación veciñal de Cangas e así, a concellaría traballa, de xeito directo, coas asociacións locais co fin de facilitarlle o súa labor no municipio e enriquecer a vida asociativa da vila», manifestan.

Lembran que o Rexistro Municipal de Asociacións ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións con elas e entre elas, coñecer os seus fins e a súa representatividade, facilitar e promover a iniciativa e a participación das entidades cidadás na xestión municipal, para os efectos de impulsar políticas municipais coherentes coas pretensións e necesidades da veciñanza, constituíndo un instrumento para consolidar un tecido social, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade”.

De 127 asociacións a 65 en dous meses

O Concello de Cangas contaba con máis de 127 asociacións rexistradas, e así rezaba na súa páxina web na área de Participación Veciñal. E constatamos que en menos dun mes «se volve a lastrar un principio fundamental da nosa cohesión social, por parte deste Goberno», manifesta AV «sendo propia Concelleira de Participación Veciñal a que propón a baixa de ditos colectivos, nada máis lonxe das súas funcións». Pero o curioso, desvelan desde AV, es que «o goberno actual concedeu axudas económicas, cedeu e cede espazos, realizou e colaborou con actividades, formaron parte de mesas e consellos pese a estar de baixas, algunas delas dende marzo».

«Sen explicación de ningún tipo, nin publicidade, publicase no portal de Transparencia un novo censo de Asociacións para o 2023 que o forman 65 asociacións, cando fai dous meses dito censo contaba con mais de 127 asociacións rexistradas. O que significa que se deron de baixa máis de 63 colectivos», denuncia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *