Victoria Portas (AV) votando no pleno de investidura.

«O silencio reiterado do goberno local forzou a decisión de Alternativa dos Veciños (AV) de presentar un recurso de reposición contra un expediente que supuxo un desembolso de 200.000 euros para o pobo de Cangas», manifestan dende a formación que lidera a exalcaldesa Victoria Portas. Relatan que «dende o pasado mes de agosto AV solicitou información ao respecto do devandito expediente e presentou escritos no Concello demandando aclaracións e explicacións obtendo como única resposta o silencio».

Polo tanto, insisten, «Alternativa dos Veciños deixou claro desde o primeiro momento da constitución da nova corporación, e insiste en cada sesión plenaria, en que neste mandato vai facer unha oposición fiscalizadora e responsable desde unha posición de esquerdas coherente». Polo todo isto, aclaran, o recurso de reposición é unha das ferramentas que a lei pon ao noso alcance para exercer unha labor de control que, por outra banda, «debería contar coa colaboración da equipa de goberno».

Transparencia

«Pedimos transparencia na xestión e optimización dos recursos económicos das canguesas e dos cangueses. Non entendemos as escuras razóns que moven ao goberno local a eludir a súa responsabilidade de dar resposta ás preguntas da oposición pero, en todo caso, deixamos claro que recorreremos ao recurso de reposición sempre que o consideremos necesario; figura que se ven utilizando no Concello de Cangas en numerosas ocasións», advierten.

Moción de censura

A «rigorosidade», din, coa que «exerceremos a nosa labor fiscalizadora neste mandato será proporcional á transparencia que caracterizou o noso mandato anterior e polo tanto non pode interpretarse como un instrumento cara unha moción de censura ou de confianza, extremo que AV desminte categoricamente; coa mesma firmeza coa que insistimos en non avalar actitudes ocultistas e obstrucionistas parapetadas tras siglas de esquerdas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *