O Partido Popular de Cangas critica o anuncio realizado esta semana polo goberno local da caducidade do contrato coa empresa redactora do PXOM, e a intención de volver a licitar a elaboración deste documento urbanístico esencial co cal xa contan o resto dos concellos do Morrazo desde fai anos. “Un novo exemplo de dilapidación de fondos públicos que demostra a incapacidade e incompetencia dos actuais responsables municipais de plantexar un proxecto urbanístico de futuro para a nosa vila” afirman.
A forza maioritaria da corporación recorda que con esta futura licitación sería o cuarto contrato para o mesmo fin. “Estamos a falar de máis de un millón de euros 4rados ao lixo” insisten. “E todo para seguir perdendo o tempo, facendo que fan, para non ter que tomar decisións a costa dos petos dos cangueses e canguesas que van mirando como cada mandato vai medrando máis a factura”.
Desde esta forza política sinalan a relevancia deste documento para o desenvolvemento futuro da localidade. “É unha ferramenta imprescindible” insisten. “Cangas só poderá crecer cando exista unha planificación adecuada” continúan. “Sen PXOM Cangas segue paralizada o que está repercutindo no desenvolvemento de moitos sectores, na dotación de novas infraestructuras, á hora de captar inversión e na xeración de emprego” engaden. “Pero será imposible dotarse dela mentras Cangas continúe con gobernos máis preocupados nas súas liortas internas, no reparto de cromos e de salarios e non nos desafíos que ten o noso municipio por diante” declaran.
“Non foron quen de aproveitar o traballo xa feito e prefiren comezar de cero. Constatan o seu nulo interese en sacalo adiante neste mandato” remarcan. “Falan de informes xurídicos que determinaron a caducidade do contrato. Para pagar facturas, ata de 200.000 euros, de dubidosa legalidade, non precisaron de informe xurídico ningún” ironizan. “Tal vez é que prefiren con4nuar traballando con modificacións puntuais en vez de con unha norma4va actualizada e consensuada” rematan.