Operativo tras o atropelo esta tarde na rotonda de Aldán.

Un ciclista resultou ferido leve esta tarde tras ser atropelado por un vehículo na rotonda de Aldán, na saída da Autovía do Morrazo. Segundo informa Protección Civil de Cangas, o home, veciño da parroquia, queixábase da cadeira e tivo que ser trasladado ao hospital Povisa. O motivo do accidente puido ser que o condutor do coche, que circulaba a pouca velocidade, cegouse coa luz do sol e non viu a bicicleta. Ocorreu ás 15:30 horas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí