A San Silvestre volve a Cangas polo Nadal como o fixo nas súas oito edicións anteriores. O próximo 31 de decembro a Alameda Vella converterase nunha pista improvisada duns tres quilómetros. Partirá ás 16:45 horas para aqueles que prefiran facela andando e quince minutos máis tarde para os máis valentes que decidan correr.
Os dorsais poderán recollerse desde as 16:00 horas na Praza de Abastos, onde os participantes poderán depositar os alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Comedor Social de Cangas. Principalmente necesítase leite, que pode ser enteira, semidesnatada, desnatada e sen lactosa.
Finalmente sortearanse os productos donados polo comercio e empresas canguesas.