Todo apunta, segundo a Garda Civil, a que pode ser o da moañesa desaparecida desde o paso xoves e cuxo coche foi atopado no serán de onte nesta zona de Cangas
O corpo foi localizado por un mariñeiro á primeira hora desta mañá. Neste momento o operativo traballando na extracción do cadáver.
A nova, a falta de confirmación, provocou consternación entre os amigos e compañeiros de traballo de Mónica, que desde onte comezara unha campaña de difusión coa súa fotografía a través das redes sociais e medios de comunicación.