Visita del delegado de la Xunta a Vilaboa.

A Xunta deu o visto bo a ordenación urbanística dos seis núcleos donde sitúanse estas vivendas

A consolidación dos núcleos de Saxosa, Sabaxáns, A Graña, Casfalcón, Sobreira e Novás rexistrou estes días un paso adiante ao recibir o Concello de Vilaboa a confirmación do respectivo informe favorable emitido polo departamento técnico da Consellería. Unha vez que conclúa a longa tramitación administrativa que os clasificará como núcleos no PXOM de Vilaboa os propietarios de vivendas poderán iniciar os procesos de regularización en caso de necesitalo ou solicitar licencia de construcción.

O PXOM de Vilaboa ordea un territorio de casi 37 kilómetros cuadrados dos que o 84,9% é de carácter rústico, o 13,73% é suelo de núcleo rural, o 1,02% é urbano e o 0,35% é suelo urbanizable. O PXOM abriu a opción de construir 820 viviendas novas nun plazo de dez anos.

A consolidación dos devanditos núcleos forma parte do proxecto de municipio que
vertebra o equipo de goberno liderado por César Poza, e que no plano urbanístico pasapolo desenvolvemento dun centro neurálxico no Toural e a dotación de servizos básicos a todas as zonas rurais para que de xeito radial se poida acometer un crecemento ordeado que pase pola dotación de vivenda residencial e zonas industriais en harmonia cun sector turístico chamado a ser un activo económico fundamental.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *