Melchor, Gaspar e Baltasar esta tarde no pavillón de Domaio.

A choiva parece que dará unha tregua mañá e a cabalgata dos Reis Magos poderá cruzar unha das principais arterias de Moaña. Partirá ás 18:00 horas desde a Sociedade Deportiva Tirán para dirixirse ata o Pavillón da Xunqueira onde se realizará a recepción. Farano cada un deles nunha calesa tirada por cabalos. O Concello contratou cunha hípica o transporte con equinos e o servizo de control e limpeza para que sexan profesionais os que teñan contacto directo cos animais e, ademais, manteñan as rúas e as estancias en boas condicións.

Desde o concello informan de que tamén haberá inchables e animación para os máis pequenos.

Visita das súas Maxestades hoxe a Domaio

Os Reyes de Oriente quixeron facer un oco na súa apertada axenda para escaparse durante unhas horas ao pavillón de Domaio. Alí puideron visitar aos máis pequenos e dirixirlles unhas palabras previas á súa comitiva oficial de mañá. Este acto foi organizado polo Anpa O Picoto, que tamén convidou a rosca e chocolate quente a todos os asistentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *