As naves de Ojea case abandoadas.

O Bng de Cangas desvela que o Estado non ten constancia do inicio da tramitación da desafectación das naves de Ojea por parte do Concello. Descubriuno o deputado nacionalista Néctor Rego tras preguntarlle ao goberno central en qué momento atopabase a xestión para ceder estas instalacións ao Concello de Cangas para a súa rehabilitación.

«O goberno deberá explicar como logo de tantos anos e acordos plenarios e asegurarnos o anterior alcalde que estaba tramitado non consta na Dirección Xeral de Patrimonio do Estado ningunha solicitude ao respecto», criticou a portavoz do grupo municipal do Bng de Cangas, Mercedes Giráldez.

Así, anuncian que presentarán un escrito solicitando ao goberno local que explique en que punto se quedou a tramitación e porque non se seguiron os trámites. «Non é de recibo logo de afirmar que estaba todo adiantado e en marcha a estas alturas non conste a solicitude. A veciñanza debe coñecer os motivos do retraso e cando se vai insistir e presionar para acadar este obxectivo de desafectar esa xona para uso e disfrute da veciñanza logo da súa humanización», concluen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *